Proxecto de Voluntariado Old&Baby
Desde a asociación organízanse tamén actividades de carácter solidario e voluntario en diferentes marcos da sociedade: xa sexa preto ou lonxe, con nenos, familias ou anciáns.
Con elas téntase mellorar a formación das asociadas como persoa, desenvolvendo a súa preocupación por mellorar o mundo que lle rodea e fomentar a xustiza, comunicación, tolerancia, etc. Tamén se fomenta a iniciativa emprendedora ante un problema e a súa capacidade de intervención na contorna social co fin de facer a sociedade máis humana. Demóstranse a si mesmas que son capaces de facer cousas que alegra moito aos demais cun pouco esforzo.
Por iso, este curso iniciamos un novo proxecto de voluntariado ao que chamamos OLD&BABY.
É unha actividade de colaboración das asociadas de Belmar cos anciáns dunha residencia.
Unha das actividades do proxecto consistirá en organizar unha festa de Nadal, coa vinda dos paxes de SSMM de Reyes Meigos alí na residencia, o día 14 de decembro.
Iremos informando das distintas actividades que organizaremos ao redor deste proxecto.
Tecer para Red Madre
Os mércores pola tarde de 17:30 a 20:00 tecemos para Red Madre e necesitamos voluntarios desde os 6 aos 99 ano, (www.redmadre.es/galicia) se non sabes calcetar ensinámosche.
Folleto →Proxecto Voluntariado para Bacharelato