No noso proxecto educativo buscamos afianzar todas aquelas competencias propias do desenvolvemento da persoa, tanto na súa dimensión persoal, profesional e social, e tendo como fundamento a concepción cristiá da persoa.

¿Cómo o facemos?

A través das actividades

Ademais de ensinarlles a materia propia de cada actividade, foméntanse un conxunto de hábitos que lles axuden no seu desenvolvemento como persoas.

A través da Convivencia

Fanse amizades, crécese en iniciativa... Por iso, os campamentos e convivencias son un punto fundamental dentro do proxecto do club.

Grazas ás monitoras

Orientan e acompañan a cada asociada, de acordo cos pais, na consecución de obxectivos e metas que lles leven a superarse, coñecerse, desenvolver habilidades, vencer dificultades, etc.

A actividade formativa de Belmar está encomendada á Prelatura del Opus Dei, institución da Igrexa católica, fundada por San Josemaría. Esta presenza do espírito do Opus Dei maniféstase en detalles como a insistencia no estudo, a solidariedade, o fomento de valores humanos, o coidado dos detalles pequenos, o respecto á liberdade, o clima de confianza, o protagonismo dos pais no Club, etc.

IR AO INICIO