As actividades extraordinarias constitúen a sorpresa de cada fin de semana: concursos, festas, acampadas, excursións, deporte, visitas culturais, gymkhanas, xogos, etc. Desenvólvense os sábados e domingos nun ambiente de amizade e compañeirismo, que contribúen á formación da personalidade e a fomentar o hábito de servizo aos demais.

As excursións son unha actividade frecuente dos nosos fins de semana. É o momento de aproveitar para descansar, facer deporte, entrar en contacto coa natureza, coñecer novos lugares... As excursións son ocasión, unhas veces de coñecer a contorna natural da provincia; outras, de practicar algún deporte, ou coñecer mellor nosa cidade, e sempre de convivir coas amigas e pasalo ben.

Infórmase periodicamente destas actividades, tanto na portada da web como a través do boletín informativo e as redes sociais.

Fotos

IR AO INICIO