Todas as actividades do Club están pensadas para facilitar ás asociadas, modelos de conduta valiosos e fomentar nelas ideais grandes. Este obxectivo conséguese de maneira particular no estudo.

O hábito de estudo crece cando o ambiente é óptimo.

Os expertos recomendan as bibliotecas como os lugares máis idóneos para o estudo persoal. Conxugamos un lugar adecuado cun asesoramento persoal para lograr hábitos de traballo, desenvolver ás máximo capacidades e mellorar o rendemento no estudo.

CURSO 2015/16

  • O horario de estudo será, de luns a xoves de 6 a 8:00 h. da tarde
  • Ademais disto, e para as nenas que o soliciten, haberá tamén unha actividade específica de inglés. Trátase tamén dun reforzo persoal, non dunhas clases particulares do idioma, pero que axudará a solucionar individualmente posibles dúbidas. Será os luns e mércores de 5:30 a 6:30 da tarde.
  • Este curso teremos tamén clases de chinés, os martes de 5 a 6 da tarde.
  • Os pais das participantes da actividade de estudo, poderán consultar os informes de evolución das súas fillas a través da nosa páxina web. Podedes solicitar as claves de acceso en Belmar.
  • Lembrámosvos a importancia da puntualidade desde o primeiro día, necesario para o bo rendemento no estudo propio e das demais. Ademais, convén que todas veñan co material necesario para o seu estudo todos os días (axenda, libros, bolígrafos, cadernos, etc).

CLASES DE INGLÉS NO CLUB PARA NENAS DE PRIMARIA

Datos:

  • Horario:
    • Luns: 18:45 - 19:45 h.
    • Mércores: 18:30 - 19:30 h.
  • Cursos: 4º, 5º Y 6º EP
  • Prezo:
    • Asociadas: 20 €/mes
    • Non asociadas: 50 €/mes

Como sempre, buscamos que cada unha chegue ao 100% de rendemento no seu estudo.

Estudio en Belmar

Atención personalizada

  • Aulas divididas por idades
  • Atención individualizada
  • Motivación
  • Por profesionais da educación
Estudio en Belmar

Coñecementos

  • Aprendizaxe de contidos
  • Boa memorización
  • Mellora no nivel de coñecementos
Estudio en Belmar

Metodoloxía

  • Planificación do tempo
  • Xerarquización
  • Sistemas de traballo e repaso
  • Seguimento diario do método
  • Resolución de dúbidas
Estudio en Belmar

Hábitos

  • Educación da vontade
  • Esforzo
  • Constancia e autonomía no traballo
  • Responsabilidade
  • Puntualidade
  • Orde
  • Valor da axuda mutua

Trátase de aprender a estudar e conseguir hábitos de traballo para o futuro. Con este Proxecto de Estudo queremos ensinar a aproveitar o tempo, rendendo ao máximo desde os primeiros anos.

IR AO INICIO