Belmar é o resultado da iniciativa dun grupo de familias que buscan contar co apoio doutras familias e educadores, para dar unha resposta educativa ás súas fillas, complementando e fortalecendo a educación que reciben en casa e o colexio.

O Club sae por tanto coa colaboración de moitas persoas que confían neste proxecto, xa sexa economicamente, co seu traballo, o seu tempo, etc. Por exemplo con:

  • Xestión e organización de plans de financiamento do Club ou actividades concretas
  • Axudar en arranxos e mantemento de instalacións, vehículos...
  • Organizar plans e actividades de promoción
  • Impartir ou coordinar unha actividade ordinaria para os venres ou entre semana
  • Organizar un plan de fin de semana para nenas ou familias
  • Colaborar con recursos materiais ou humanos (furgoneta ou coche, piscina, leira ou casa para actividades...) en plans, convivencias, etc.
  • Impartir charlas de formación cristiá dentro do plan de formación
  • Organizar actividades familiares ou de matrimonios (ceas, excursións, conferencias, *cineforum, cursos formativos, etc.)
  • Donativos illados ou cotas periódicas...

Se estás interesado en colaborar dalgunha maneira, podes contactar connosco aquí.

IR AO INICIO