Campamentos de verán
A experiencia demóstrao: un campamento xuvenil nunca se esquece, deixa pegada en pequenas e maiores.
VERÁN 2016
O CAMPAMENTO COMO ESPAZO LÚDICO E FORMATIVO
Durante os meses de vacacións, o CLUB FAMILIAR organiza campamentos para as distintas idades. Hai moitas posibilidades para que, de modo creativo e divertido, as nosas fillas gozar á vez que se aproveitan os espazos lúdicos como ocasións de aprendizaxe e desenvolvemento da súa personalidade: afectiva, proactiva e intelectual. Nos campamentos adquírense valores cristiáns, gañan en autonomía, poñen en xogo as súas aptitudes e consolidan amizades.
Todo un proxecto de formación humana e cristiá que enriquece o labor que se realiza dentro da familia e que está avalada pola Prelatura do Opus Dei.

Intelixencia múltiple e creatividade
Toda persoa posúe diversas intelixencias. Os deportes e actividades axudan a coñecer a heteroxeneidade e cada unha aprende partindo das súas posibilidades, facilitando o desenvolvemento óptimo das súas posibilidades.
A creatividade trabállase transversalmente en numerosas actividades, e é outra gran base que sustenta todas as dinámicas e actividades dos distintos campamentos.

Socialización e traballo en equipo
Relacionarse con outras persoas exercendo o respecto, a tolerancia, a capacidade de diálogo e a sensibilidade social e axudarlles a descubrir o valor da amizade.
O traballo en equipo será un factor esencial no desenvolvemento de todos os campamentos.

Taller de valores e formación cristiá
Salientamos os valores como base do desenvolvemento da persoa e impartimos formación cristiá que está encomendada á Prelatura Opus Dei. En todos os campamentos ofrécese un programa de charlas impartidos por preceptoras e platicas dirixidas por sacerdotes.