Colaboración co Banco de Alimentos
Desde Belmar unímonos á Gran Recollida de Alimentos organizada polo Banco de Alimentos e que tivo lugar en toda España o venres 27 e sábado 28 de novembro. A nosa colaboración foi no supermercado Froiz na rúa Augusto García Sánchez. O venres 27 pola tarde as asociadas de 4ºEP a 2º de ESO coas súas encargadas de nivel estiveron de voluntarias alí. Grazas a todos pola vosa colaboración.